Skip to main content
Axenda Caducada

A Fonsagrada acolle a estrea do espectáculo Gadalka

Por 24 Xullo, 2021Agosto 7th, 2021Sin comentarios

O mago Dani García, un ilusionista galego que diseña e da vida a efectos de maxia, estrea Gadalka. A actuación, única e chea de luz, levarase a cabo o vindeiro sábado 7 de agosto de 10.30 a 13.30 na praza do Concello da Fonsagrada.

Este é un novo concepto de espectáculo de rúa onde a audiencia se achega a desfrutar dun microespectáculo con todas as garantías sanitarias. Maxia de preto no primeiro espectáculo de rúa 100% covid-free. Así mesmo, é un espectáculo que se visita en grupos reducidos.

Unha mañá diferente para disfrutar de maxia e ilusión, nunha actuación dirixida a todos os públicos.