Skip to main content
A Fonsagrada

O espectáculo do mago Teto na Fonsagrada cambia de data

Por 26 Xullo, 2021Sin comentarios

A actuación do mago Teto na Fonsagrada cambia de data por mor da predición meteorolóxica de choiva para a fin de semana. Dende a organización consideran que esta actividade é preferible realizala en exterior, polo que se pospón para o vindeiro xoves 19 de agosto ás 19 horas.

Nesta nova aventura, o mago Teto, despois de varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros de alquimia, busca a pedra filosofal; non para acadar riqueza e vida eterna, senón a alquimia que se dirixe ao corazón: a felicidade. A felicidade do público e a do propio mago, para conseguir a súa propia Gran Obra. A auga, a terra, o lume e o aire farán posible esta nova aventura do Mago Teto.

O aforo é limitado debido á situación sanitaria e terase en conta todas as recomendacións das autoridades sanitarias.