Skip to main content
A Fonsagrada

Asinado o convenio para redactar o proxecto do polígono industrial da Fonsagrada

Por 26 Xullo, 2021Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, asinaron este luns de maneira telemática o convenio de colaboración a través do que a institución provincial achega 35.750 euros para a redacción do proxecto das obras de construción do polígono industrial deste municipio da montaña.

José Tomé, quen puxo en valor a celeridade á hora de dar os pasos administrativos para que esta firma tivera lugar no primeiro día hábil tras a aprobación do convenio pola Xunta do Goberno o venres pasado, anunciou que, se todo vai sobre o previsto, os traballos sairán a licitación de xeito inmediato, “un paso moi importante para cumprir cunha demanda histórica da veciñanza e do tecido empresarial da Fonsagrada”.

A maiores desta achega para a redacción do proxecto, a Deputación de Lugo xa ten comprometidos outros preto de 600.000 euros para acometer as obras do polígono da Fonsagrada. “Un compromiso que está plasmado nun protocolo de colaboración que asinamos o ano pasado”, lembrou o presidente, quen engadiu que segundo este documento o Concello da Fonsagrada achegará case 150.000 euros para as obras.