Skip to main content
Guntín

Guntín acolleu un encontro sobre o avance da ordenación territorial en Lugo

Por 28 Xullo, 2021Sin comentarios

A metade dos concellos que se poden rexer por un Plan básico municipal xa están a impulsar esta ferramenta. Así pois, presentáronse os traballos relativos á segunda fase da tramitación dos plans básicos municipais, co que se obterá a cartografía de 100.000 hectáreas de Alfoz, Samos, Beariz, Lobeira, Punxín, San Cristovo de Cea, Viana do Bolo, Dozón e Guntín, onde se desenvolveu o acto de onte, coa presenza dos rexedores municipais destes nove concellos.

Así pois, avanzouse que as previsións son dispoñer deste material no último trimestre do ano, pois este traballo técnico é imprescindible para poder comezar co redacción dun plan básico municipal. Ademais, anunciouse que paralelamente se iniciará, tamén no último trimestre, a licitación destas ferramentas.

Indicouse que este camiño xa foi iniciado por Ribeira de Piquín, Riotorto, Trabada, Triacastela, Cartelle, Padrenda, Porqueira e San Xoán de Río; que tomaron como modelo e exemplo o plan básico do Páramo. Estes concellos da primeira fase xa contan todos coa aprobación inicial.

Deste xeito, resta un grupo de 17 concellos que poderían optar por esta ferramenta para acadar unha ordenación responsable e sustentable do seu termo municipal.

Nese sentido, destacouse que grazas á Lei do solo, e o seu Regulamento, así como á figura dos plans básicos municipais -pensado sobre todo para os concellos de menos de 5.000 habitantes-, todos os municipios galegos poden impulsar un instrumento de ordenación, que protexa e poñan en valor a paisaxe, o territorio e o urbanismo.