Skip to main content
Lugo

Cidadáns denuncia a falta de espazo nas salas de estudo de Lugo

Por 1 Xullo, 2021Sin comentarios

A portavoz municipal, Olga Louzao, denunciou a pasividade do Goberno local respecto ao problema pola falta de espazo nas salas de estudo da cidade. “Trátase dun molestia que arrastramos dende a primavera de 2020 sen que o Goberno local movera un só dedo para arranxalo. Problema que agora vemos agudizado polo peche das bibliotecas municipais en horario de tarde durante o período estival. A partir do día de hoxe, opositores e estudantes non universitarios non contarán cun espazo para desempeñar o seu labor”, sinalou a portavoz da formación laranxa.

Louzao lamenta a falta de implicación da responsable da área, Maite Ferreiro, quen “incomprensiblemente se negou a tomar cartas neste asunto deixando de lado a un sector importante de veciños e veciñas que demandan salas de estudo desde o inicio da pandemia. Entristecenos ver como o bigobierno non ten pensado poñer os seus recursos ao dispor da cidadanía lucense para paliar este problema, que afecta a moitas persoas. Sorpréndenos que un Goberno que se autodenomina progresista permita que a crise sociosanitaria abra máis a brecha social e non se esforce para que exista unha igualdade real de oportunidades. É inaceptable que a Administración local abandone a estudantes e opositores e se borre deste asunto nun claro abandono de función”, sinalou o edil da formación laranxa.

Ante a pasividade do Goberno, o grupo municipal de Cs leva meses propoñendo tanto en comisións como no pleno municipal unha serie de iniciativas encamiñadas a minimizar o impacto do colapsou a Biblioteca Provincial e das restricións da biblioteca Intercentros da USC para o público non universitario. “Ante o peche das bibliotecas municipais en horario de tarde, consideramos que estas medidas son máis necesarias que nunca. Esiximos que se realice un esforzo para ampliar horarios da biblioteca municipal Isidro Novo, poñer ao dispor dos usuarios salas que actualmente están infrautilizadas noutras instalacións municipais. Deste xeito solicitamos Goberno local reabrir espazos clausurados, como é o caso da biblioteca do centro sociocultural de Fingoi, ou poñer en funcionamento as salas dispoñibles no Vello Cárcere”, apunto Louzao.

Para finalizar Louzao manifestou a súa preocupación pola falta de capacidade de diálogo mostrada tanto polo PSOE como polo BNG entre sí e cos distintos axentes sociais. “Consideramos moi necesario establecer un diálogo coa USC para negociar un convenio que permita poder usar algunha sala da súa biblioteca. Esta proposta esta encima da mesa desde hai meses. Con todo desde o Concello negáronse a iniciar un dialogo político para lograr este acordo. É unha mostra máis da ineficacia da xestión do executivo de Méndez, onde o BNG actúa por libre e só se preocupa de satisfacer os seus intereses electorais e ser fiel á súa militancia en detrimento do interese xeral”, concluíu.