Skip to main content
Lugo

Abandono e decadencia definen aos actuais lagos de Teixeiro

Por 6 Xullo, 2021Xullo 7th, 2021Sin comentarios

Inaugurouse no ano 1985 para poder escapar da cidade e adentrarse no mundo natural, cunha paisaxe fermosa e cun entorno admirable. Os lagos de Teixeiro sempre foron un dos espazos naturais favoritos dos lucenses que querían desconectar e pasar un día ao aire libre, así coma de excursións de diferentes lugares que viñan admirar o paisaxe do lugar. Así pois, o tempo foi pasando e a área recreativa deste espazo comezou a deteriorarse de forma paulatina ata o punto de que, actualmente, só te podes imaxinar a beleza que puido conter.

Despois do confinamento e de pasar tempo sen poder dar un paseo ao aire libre, a xente comezou a realizar andainas e a facer rutas de senderismo próximas a súa residencia. O problema é que moitas delas, despois de tempo sen un coidado, están totalmente abandonadas.

Os lagos de Teixeiro é un exemplo claro desta situación. Para comezar é un lugar que xa non está sinalizado; en todo o traxecto só existe un indicador na estrada que sae de Lugo cara Oviedo polo que, para chegar, é preciso o emprego dun GPS que indique por onde ir. Así mesmo, o acceso é intransitable, abundan as fochancas e a grava está solta, polo que é sinxelo raiar o automóbil que empregas. No caso de ir noutro vehículo coma unha bicicleta, o perigo é maior xa que podes caer na estrada.

Unha vez chegado alí, o abandono e a maleza son os protagonistas. Anteriormente, como área recreativa contaba con mesas, bancos e grellas que se podían empregar por turistas, veciños e veciñas que quixeran gozar dunha xornada ao aire libre, sen embargo, na actualidade esto é imposible a causa do mal estado no que se encontran, así coma os piñeiros e as malas herbas que as invaden. A maleza consumiu todo o que había para deixalo inhabilitado. Un exemplo disto é unha fonte que se atopa entre o musgo que tapa a pedra que a compón e na que se pode ver -a duras penas- a data na que se levou a cabo: 1982.

Outro aspecto a destacar é a dificultade que existe para transitar pola senda e pola propia área recreativa. A variedade biolóxica é grande polo que hai que ter coidado para cruzar por certos lugares onde te podes ortigar ou ensilvar con facilidade. Ademais, a presenza humana que houbo non axudou na mellora da imaxe dos lagos, xa que deixou acumulado lixo nunha edificación que existe dentro do espazo da área e que aínda está por recoller, unha función que deberían levar a cabo dende o Concello de Lugo.

Por outra beira, na páxina da Xunta -que é a que está a cargo xunto co Concello de Lugo- aparece coma un área de recreo e miradores para visitar, sen embargo, as imaxes que están subidas para publicitalo varían de forma importante coa realidade. De feito, tal e coma está na actualidade, é imposible poder publicitalo sin arranxalo antes ou sen volvelo ao seu estado orixinal xa que, ademais da imaxe de abandono que proxecta, é un perigo para todos aqueles que o vaian visitar debido ás cancelas rotas e as reixas esganifadas polo chan, entre outras cousas.

Un paraxe idílico que, coma outros, está nunha situación de abandono nunha época propicia na que o bo tempo predomina e que é a indicada para facer este tipo de turismo que atrae, actualmente, a tantos visitantes.