Skip to main content
Lugo

Dous novos espectáculos de danza aterran no MIHL

Por 5 Xullo, 2021Sin comentarios

O museo MIHL une a súa programación dous novos espectáculos de danza cos que se pretende continuar a apoiar a danza e as artes do movemento a toda a veciñanza.

O vindeiro domingo, 11 de xullo, a partir das 20.30 horas, todas as persoas que se acheguen ao MIHL poderán desfrutar de Miñaxoia, de Clara Ferrao, e de Vertebrata, de Alejandra Balboa. A primeira das actuacións terá unha duración de 15 minutos mentras que a segunda será de 10. A entrada será gratuíta ata completar a cabida do recinto, e non será preciso reservar entrada previamente.

Os espectáculos están enmarcados dentro da proposta Danza + Paisaxe + Patrimonio, xestionada pola AGADIC dentro da programación do Xacobeo 21-22, e que conta coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo.