Skip to main content
Lugo

O museo provincial de Lugo acolle este verán diferentes actividades

Por 8 Xullo, 2021Sin comentarios

A Rede Museística Provincial de Lugo programa nestas datas de verán diferentes obradoiros e actividades para os máis cativos e cativas, coas que se poderán disfrutar do aire libre e do tempo de lecer. Así mesmo, gracias a elas, os participantes poderanse achegar un pouco máis a coñecer os catro museos que conforman a Rede Museística Provincial de Lugo que este ano está de 15º aniversario. Neste caso, os seguintes obradoiros levaranse a cabo no museo provincial de Lugo.

Campamentos en rede será unha das actividades previstas para este verán no museo e que, dependendo da quenda, estará dirixido a nenos e nenas de diferentes idades. Así pois, na primeira e na terceira quenda a idade dos participitantes atoparase entre os 8 e os 12 anos; mentras que na segunda e na cuarta quenda, a idade será de 4 a 7 anos.

As prazas dispoñibles de cada quenda serán 8 e as datas serán as seguintes: a primeira quenda irá dende o 12 ao 16 de xullo, a segunda dende o 26 ao 30 de xullo, a terceira dende o 2 ao 6 de agosto e, finalmente, a cuarta será do 16 ao 20 de agosto. O horario de actividades será das 18 ás 20 horas.

Ademais, do 2 ao 4 de agosto levarase a cabo Pequenos arqueólogos, unha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 7 anos que aprenderán a través de xogos e divertimentos. Hai 5 prazas dispoñibles e o horario será de 11.30 a 13 horas.

As inscricións realizaranse exclusivamente a través da plataforma educativa da Rede Museística Provincial. Aí atoparán os cuestionarios para inscribir aos nenos e nenas nas actividades da súa escolla.