Skip to main content
Lugo

Lugo Monumental anuncia que non se celebrará o Milagre de San Vicente

Por 8 Xullo, 2021Xullo 9th, 2021Sin comentarios

A Asociación Lugo Monumental decidiu na súa asemblea anual non levar a cabo o Milagre de San Vicente por segundo ano, debido á situación sanitaria actual. “A irresponsabilidade dalgúns, que nos están levando outra vez a unha situación de perigo, fai que haxa que extremar as precaucións, e non parece que concentrar por centos de persoas nun punto sexa o máis aconsellable”, defenderon dende a asociación.

Así mesmo, tamén indicaron que, se máis adiante as condicións sanitarias o permiten, poderíase levar a cabo, sen embargo reiteran que non se celebrará na súa data habitual.

Algo que sí que se levará a cabo, según a asociación, é a entrega dos galardóns de recoñecemento a traxectorias profesionais, sendo un acto sen público e sinxelo que busca homenaxear a profesionais da zona.

Por outra banda, a asociación aproveitou para esixir ás administracións atallar o problema dos botellóns, unhas festas que xa eran ilegais antes da crise da covid19 pero que agora consideran que é imprescindible o seu control.

“A pasividade das autoridades ante este fenómeno, que se produciu de forma continuada durante toda a pandemia (salvo nos días de confinamento estrito) está a carrexar que os contagios non só non sigan baixando senón que repunten” sinalaron dende a asociación.

Así mesmo engadiron que “é tristemente irónico que quen pagará as consecuencias económicas desa irresponsabilidade compartida serán os locais de hostalería e o resto do tecido empresarial, que sufrirán novas restricións. Particularmente terá nefastas consecuencias para o lecer nocturno, que xa se está clausurando en varios puntos da xeografía nacional, o que é unha inxustiza terrible ao ser o único lugar onde se pode gozar dun lecer nocturno seguro e nun ambiente controlado”.

Finalmente concluíron que “a irresponsabilidade dunha parte da poboación e o intolerable abandono de funcións por parte das administracións están a producir graves danos ao patrimonio histórico (particularmente á Catedral de Lugo, Patrimonio da Humanidade), ao tecido empresarial da hostalería e, sobre todo, á saúde do conxunto da poboación, ao poñerse en risco os logros alcanzados tras moitos meses de medidas drásticas”.