Skip to main content
Lugo

Continúan os roteiros pola zona rural e urbana de Lugo

Por 9 Xullo, 2021Xullo 10th, 2021Sin comentarios

Continúa Lugo móvese cos maiores, unha actividade incluída no programa municipal de animación sociocultural, onde se están a levar a cabo roteiros guiados, tanto pola zona rural como pola cidade.  

As rutas guiadas teñen lugar todos os venres cada 15 días, no caso dos roteiros polo rural o punto de partida é a praza Bretaña e na cidade as saídas  están contempladas desde a praza Maior. O vindeiro roteiro polo rural será o venres 23 de xullo polo Camiño Primitivo (Lugo-San Román da Retorta) e, xa en agosto, están programados para o 6 de agosto e o 20, polo Camiño Primitivo (Castroverde-Lugo) e O Vello Lugo Agrario, respectivamente.  

En canto aos roteiros pola cidade, o próximo será o vindeiro 16 de xullo polo Lugo romano e ventás arqueolóxicas. A finais de xullo, o 30, será o turno do Lugo episcopal e conventual e, xa en agosto, levaranse a cabo o palaciego, pazos e casas señoriais -o día 13- e o museo provincial de Lugo o 27.