Skip to main content
Lugo

Ponse en valor o traballo de integración social de diferentes entidades

Por 9 Xullo, 2021Sin comentarios

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe a Fundación Juansoñador, que traballa formando e educando integralmente ás persoas que se atopan nunha situación de exclusión. Arturo Parrado subliñou o labor que están a realizar nestes momentos tan difíciles as entidades que traballan no coidado dos que están a pasar por unha situación complexa e máis tras este ano de pandemia. Neste senso, puxo en valor a necesidade de instruír á sociedade do futuro pero tamén á dos maiores para poder ofrecerlles oportunidades sen importar a súa idade. 

Na visita, Arturo Parrado fixo entrega de diplomas ás persoas que realizaron o curso de aprendizaxe da lingua galega enmarcado na formación para inclusión. Ademais, aproveitou para percorrer as instalacións do centro, onde coñeceu as aulas de apoio escolar, as zonas de xogos, ou as de atención e orientación sociolaboral para as familias. 

O director xeral de Inclusión Social puxo en valor a aposta do Goberno galego por axudar ás persoas máis vulnerables a realizar o seu proxecto de vida e para isto, que se reflicte na achega prevista na convocatoria de axudas 2020-2022 da Xunta para a Fundación JuanSoñador, que ascende a 400.000 euros. Esta axuda permitirá á entidade acometer a reforma interior dos centros, así como financiar programas destinados a aprendizaxes de lingua castelá e galega e novas tecnoloxías, entre outras materias. Ademais desta cantidade, tamén recibiron outros 160.000 euros a través da liña de axudas do 0,7 do IRPF, e que se investiron en iniciativas para persoas inmigrantes e para persoas sen fogar.