Skip to main content
Lugo

A curtametraxe Sharp foi a premiada polo xurado na VI edición do Findecurta

Por 12 Xullo, 2021Sin comentarios

O xurado da sexta edición do maratón audiovisual Findecurta, programa ideado para contribuír á promoción do audiovisual galego e ao impulso de novos creadores en lingua galega, premiou a curtametraxe Sharp, do equipo de rodaxe DeuxExMachina, mentres que as preto de cen persoas que asistiron á gala de entrega de premios outorgaron ou seu galardón á produción E se non é COVID, de Gabrieles Enteléticos. O xurado, formado pola actriz galega María Vázquez e o crítico de cine Jon Leceta, acordou conceder un accésit á curta Chiróptera, do grupo As Congas. 

O equipo gañador do premio do xurado recibiu unha gratificación en metálico de 500 euros, ademais de participar na próxima edición da Semana Internacional de Cine de Autor (Grupo Fonmiñá) onde competirá polo premio á Mellor Curtametraxe galega xunto coa curta que recibiu o galardón do público dunha edición do Findecurta dedicada ao xénero do terror.