Skip to main content
Lugo

Continúan co plan de calmado de tráfico en cinco novas zonas da cidade

Por 14 Xullo, 2021Xullo 15th, 2021Sin comentarios

Rubén Arroxo anunciou o plan de calmado de tráfico na cidade, para que aumente a seguridade dos veciños e veciñas da cidade. Así mesmo, Arroxo sinalou que estas actuacións comezaron polas zonas escolares e xa se están expandindo a novas zonas da cidade. 

Nesta intervención realizarase un novo paso de peóns elevado na avenida de Madrid, xunto á praza do Rei. Ademais de instalarse novos lombos nas rúas Mar Cantábrico, rúa da Saúde, calzada das Gándaras e Virxe da Soidade, en zonas onde non é posible realizar un paso de peóns elevado.

A área de Mobilidade inviste 25.132,99 euros nesta nova intervención de calmado de tráfico. Arroxo afirmou que “seguimos a traballar para que Lugo se convirta nunha cidade na que as persoas sexan o centro da mobilidade, cun tráfico calmado e menos vehículos a motor nas rúas”.