Skip to main content
Lugo

Cidadáns esixe ao Goberno local a recuperación da parada de autobús no Carqueixo

Por 13 Xullo, 2021Sin comentarios

A portavoz municipal, Olga Louzao, denunciou a situación que sofre o barrio do Carqueixo e esixe ao Goberno local que recupere a parada de autobús suprimida coa entrada en funcionamento dos novos roteiros e frecuencias. “A eliminación desta parada agrava a situación de abandono que vive esta zona urbana desde hai décadas. As vivendas comprendidas entre a rotonda do Hula e o trazado da A-6 constitúen unha zona esquecida a pesar das continuas reclamacións veciñais. Máis de 200 escritos presentados por veciños foron rexistrados a título persoal para que o bus mantivese a súa parada, con todo o Goberno local ha optado por ignoralos aludindo que non existe demanda. Algo totalmente falso xa que esa parada de bus era o único nexo deste barrio coa zona centro e os principais equipamentos”, destacou a edila da formación laranxa.

Louzao criticou a “impasibilidade” de Rubén Arroxo e non comprende como nin tan se queira visitou a zona para coñecer de primeira man a opinión dos veciños. “O concelleiro de Mobilidade escúdase nun suposto estudo que cifra os usuarios desa parada en cinco. Algo que non representa a demanda real do servizo na zona, xa que moitos usuarios habituais cambiaron os seus costumes durante os primeiros meses de pandemia, moitos son xente maior que desde o inicio da crise deixaron de usar o bus por medo a contagios”, sinalou a concelleira. “Trátase dun barrio atrapado entre a A-6 e a LU-021 que foi ignorado ano tras ano en cada planificación municipal”, dixo.

“Non é factible que teñan que desprazarse ata Castelo para coller o autobús percorrendo un itinerario longo cun elevado tránsito de vehículos e que carece das máis mínima medida de seguridade viaria. Atravesar a rotonda do Hula ou transitar pola estrada da Fonsagrada sen beirarrúas é inviable”, dixo Louzao.

“A necesidade de recuperar a parada do bus no Carqueixo é real. Só fai falta visitar a zona. É un erro non facelo e é un erro non escoitar aos veciños. É unha zona sen beirarrúas nalgúns tramos, sen conexión con fibra, sen contendores para reciclar, mal iluminada e cunha evidente carencia de medidas de seguridade viaria tendo en conta o denso tráfico que se rexistra. O Goberno local debe actuar”, concluíu.