Skip to main content
Lugo

A Asociación de veciños da Milagrosa celebra o seu 30 aniversario

Por 16 Xullo, 2021Sin comentarios

Con motivo do 30 aniversario da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais do Distrito da Milagrosa, no día de hoxe -16 de xullo de 2021- a partir das 20 horas, no Centro de Servizos Sociais de Frigsa, terán lugar os actos conmemorativos a este respecto, e que baixo o lema 30 anos facendo barrio contarán con dous partes diferenciadas.

En primeiro lugar, procederase á inauguración da exposición Historia do barrio da Milagrosa 1960 – 2001, consistente nun percorrido pola historia deste barrio tan emblemático da capital lucense, iniciando devandito percorrido coa colocación da primeira pedra da súa igrexa –no ano 1946-, e centrándose, posteriormente na etapa comprendida entre os anos 1960 e 2001, recollendo os feitos máis singulares acontecidos neste barrio.

Ademais, poderán contemplarse diversos carteis emblemáticos, como o orixinal da única corrida de touros celebrada en Lugo, en 1972; ou diferentes camisetas, correspondentes ás múltiples celebracións deportivas organizadas ao longo destas décadas.

Para facilitar a visita a todas as persoas que o desexen, dita exposición quedará aberta ao público ao longo da próxima semana –desde o luns 19 de xullo ata o venres 23 de xullo, ambos inclusive- en horario de 11 a 13 horas. Así mesmo, a entrada será libre e gratuíta.

A continuación, procederase á denominada Pegada Veciñal , consistente -no noso caso- na imposición -en caolín de Burela- para a posteridade da pegada da palma dunha das súas mans por parte de 12 personalidades que deixaron, efectivamente, e pola súa traxectoria, a súa pegada neste barrio tan emblemático da capital lucense.

Finalizaremos os actos conmemorativos do 30 aniversario da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais do Distrito da Milagrosa co Himno da Milagrosa.

Según a asociación, os actos realizaranse seguindo estritamente as indicacións das autoridades sanitarias a fin de previr hipotéticos contagios por covid19. Gardarase en todo momento a distancia social, así como a ventilación constante do local, e o uso de máscara e xel hidroalcohólico.