Skip to main content
Lugo

David Fiuza toma posesión como novo director da Banda de música de Lugo

Por 21 Xullo, 2021Xullo 22nd, 2021Sin comentarios

Esta mañá levouse a cabo a toma de posesión do novo director da Banda Municipal de Música de Lugo. Con este trámite oficialízase así o nomeamento de David Fiuza no cargo, poñendo fin á provisionalidade que, a este respecto, viviu a formación municipal nos últimos anos.

O músico de Vila de Cruces obtivo a praza tras participar no proceso selectivo convocado pola área de recursos humanos, unha oposición de acceso libre na que se esixía como requisito imprescindible a titulación superior de música ou equivalente na especialidade de dirección de orquestra, expedido polo Conservatorio Oficial de Música.

Dentro do impulso que dende o Executivo se lle deu á Banda e á Escola de Música nos últimos meses figura, igualmente, a creación e publicación de bolsas de emprego en varias categorias de instrumentos. Algo que se pode consultar na web do Concello de Lugo.