Skip to main content
Lugo

Fingoi de Abaixo contará cun modelo de plataforma única con preferencia peonil

Por 21 Xullo, 2021Sin comentarios

Rubén Arroxo informou que no día de hoxe se aprobará a transformación de Fingoi de Abaixo, cun proxecto co que se busca mellorar a accesibilidade do barrio e no que se aposta polo modelo de plataforma única con preferencia peonil, “dado que se trata dunha zona na que o tráfico maiormente é residencial”, explicou Rubén Arroxo. O modelo de Plataforma Única, permitirá adicar o espazo ao tránsito peonil, sen afectar á dispoñibilidade de prazas de estacionamento.

Na actualidade, as beirarrúas da zona non chegan a cubrir o ancho mínimo esixido pola lexislación, e o asfalto conta cunha banda de rodadura moi deteriorada, o que afecta tanto á seguridade viaria como á capacidade de evacuación de augas pluviais.

A Xunta de Goberno Local aprobará hoxe a apertura do procedemento de licitación desta actuación, que terá un orzamento máximo de 147.677,77 euros e un prazo de execución de 4 meses. Xunto coa transformación da zona, renovarase tamén o alumeado público, avanzándose na implantación de luminarias LED, que contan con consumos inferiores ás luminarias instaladas actualmente, e terán unha tonalidade máis agradable que a actual.