Skip to main content
Lugo

Concertos e presentacións na xornada de hoxe en Lugo

Por 23 Xullo, 2021Xullo 24th, 2021Sin comentarios

Chegan no día de hoxe, venres 23 de xullo, a Lugo, tres actuacións que se levarán a cabo a partir das 20 horas en diferentes escenarios da cidade para amenizar e pasar un rato agradable na tarde de hoxe.

A primeira actividade será a presentación da novela As mulheres da casa da Bouça da roupa estendida, da autora Adela Figueroa Panisse. Unha obra moi recomendada chea de crueldade e horror. Sen embargo, tamén da a coñecer a beleza da terra e da vida. No primeiro caso, fai mención á vila do Incio na que, a través das súas verbas, imaxínaste nese paraxe único e especial. No segundo caso, refírese á beleza da vida a través do amor e da espezanza dun futuro mellor.

A presentación levarase a cabo no Vello Cárcere ás 20 horas. Así pois, a entrada é de balde ata completar aforo.

A continuación, ás 20.30 horas realizarase o concerto de Amorante, dentro do ciclo experimenta, un programa que conxuga a música en directo co audiovisual e a poesía. O concerto será nos xardíns do pazo de San Marcos e a entrada é gratuíta pedíndoa no seguinte enderezo electrónico: info@teleclube.com.

Para finalizar as actuacións, a noite continuará coa música e o bo ambiente para rematar así unha xornada de venres diferente. O concerto, desta vez, irá ao ritmo de Forget la France, na sala Jager, un grupo nado en Outeiro de Rei que acaba de sacar o seu primeiro álbum, 200 razones.