Skip to main content
Lugo

Continúa o proceso para que as familias da Croa consigan as escrituras das súas vivendas

Por 28 Xullo, 2021Sin comentarios

Continúa o procedemento para entregar ás familias que ocupan as 15 vivendas da Croa as escrituras das mesmas.

A Xunta de Goberno Local autorizará a adxudicación á empresa Excavaciones J. Carreira SL o contrato para demoler varias edificacións antigas existentes no ámbito de actuación do proxecto, que dará como resultado unha zona libre dunha extensión aproximada de 1.900 m², entre áreas verdes e dotacionais.

A actuación consistirá na derruba de pequenas construción, a maioría en estado ruinoso e deshabitadas dende fai moito tempo. Así mesmo, esto servirá para proceder ao parcelamento definitivo dos mesmo. Según o Concello, a intervención terá un custo de 36.728 euros e un prazo de execución dun mes.

A rexedora, Lara Méndez, deu conta de que, logo da encomenda de xestión que o Consello de Administración de Evislusa aceptou en xuño de 2020 para redactar o proxecto de parcelación dos predios municipais, foron levadas a cabo, entre outras tarefas asociadas necesarias, o estudo topográfico, a validación catastral e a prospección arqueolóxica da superficie afectada, debido á súa proximidade ao xacemento do Castro de A Croa. Traballos que, no seu conxunto, supuxeron un investimento doutros 35.000 euros e que forman parte do impulso dado polo Concello nos últimos meses para regularizar a propiedade.

Lara Méndez lembrou que, “logo de demoler as devanditas edificacións, este espazo será inmediatamente acondicionado, creando áreas verdes e de esparexemento que dean servizo á contorna e, nomeadamente, ás e aos residentes deste núcleo para o que se terán en conta tamén as súas demandas. E, debido a que o proxecto de parcelamento xa está rematado, o único que resta é aprobalo definitivamente, antes de rexistrar as novas parcelas resultantes e adxudicarllas ás súas e aos seus propietarios”, afirmou.

O núcleo residencial de A Croa ten a súa orixe no ano 1992, na etapa de Goberno do PP no Concello, como un proxecto de construción de vivendas no marco dun plan para a erradicación do chabolismo. Nese ano asinouse o acordo de cooperación entre o Concello e o IGVS para sacar adiante a iniciativa e, en 1995, concedeuse a licenza de construción. No 2008, o Concello solicitou a inscrición da parcela na que se sitúan os inmobles no Rexistro da Propiedade, e tralo pulo dado ao procedemento polo goberno de Lara Méndez, foi no ano 2016 cando se formalizou a inscrición dos mesmos no Rexistro, que este organismo remitiu á entidade local en xuño de 2017.

Outros asuntos da Xunta de Goberno Local

Por outra banda, na sesión desta semana o executivo local outorgará cinco licenzas urbanísticas. Dúas delas para a construción de sendas naves de uso industrial sen actividade definida no Parque Empresarial das Gándaras, que suman un investimento conxunto de 1.606.685 euros, así como a instalación dun ascensor nun inmoble da rúa Baluro (69.210 euros) e a reforma do portal e un tramo da escaleira para mellorar a accesibilidade nun edificio de vivendas na rúa Castelao (9.202 euros). Tamén foi autorizada a restauración do lenzo entre os Cubos XXX e XXXI da Muralla (98.599 euros).

En materia de contratación, tal e como xa se avanzou, abirarse o procedemento para xestionar o Centro de Día Novo Antonio Gandoy, por un prazo de 2 anos prorrogable até 5 e cun orzamento base de licitación de 3.625.606 euros.

Tamén se adxudicará o servizo de vixilancia do Parque de A Milagrosa a Salzillo Seguridad S.A durante un ano, extensible até os tres, por 200.418 euros e dará comezo o proceso para concorrer á explotación da cafetería sita no Centro de Convivencia de Fingoi, que parte dun canon mínimo de 200 euros ao mes.