Skip to main content
Lugo

Nova actuación de limpeza e concienciación social en Lugo

Por 29 Xullo, 2021Sin comentarios

Coidemos Lugo, un movemento social da cidade que busca pór en valor o patrimonio, a natureza e os espazos públicos, organiza unha xornada de limpeza e concienciación ambiental o vindeiro sábado 31 de xullo.

Despois da limpeza de outros barrios, Coidemos Lugo chega ao barrio da Piringalla de 17 a 20 horas para continuar coas actuacións de concienciación na cidade.

As prazas son limitadas por orde de inscrición polo que, dende a organización informan que para apuntarse é preciso mandar unha mensaxe privada a través das redes sociais deCoidemos Lugo.

Unha acción que se suma ás xa realizadas no parque de Paradai, no barrio do Castiñeiro e na Milagrosa, entre outras.