Skip to main content
Lugo

O PP traslada ao goberno de Lugo reivindicacións da veciñanza de Paradai

Por 31 Xullo, 2021Sin comentarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo visitaron hai uns día o barrio de Paradai despois de recibir a chamada dos veciños da zona, que “trasladaron numerosas queixas e inquedanzas aos edís populares”.

“Unha das principais reivindicacións dos veciños é que se coloque un novo paso de peóns na intersección das rúas Otero Pedrayo, Pombal, Río Sil e Alexandre Bóveda”, sinalaron dende o Partido Popular. Así mesmo, engadiron que se trata dunha intersección na que hai xa outros pasos de peóns, pero “tamén é certo que as beirarrúas teñen zonas con bastante desnivel. Trátase dun barrio no que os veciños teñen unha media de idade elevada, polo que hai ocasións nas que ese desnivel das beirarrúas é unha barreira case infranqueable, de aí a súa petición de colocar un novo paso de peóns nun punto de acceso sinxelo. Sobre este situación, os propios veciños non descartan realizar unha recollida de sinaturas como elemento de presión ao goberno local para que escoite as súas reclamacións”.

Por outra banda, según os populares, igual que sucede no resto de barrios da cidade, os veciños de Paradai trasladaron aos concelleiros populares o seu “malestar polo que cualificaron un deficiente aseo urbano xa que ademais de lamentar o mal estado dos colectores do lixo, aseguraron que a limpeza era moi mellorable, sobre todo no referente á maleza, tanto nas beirarrúas como en fincas nas que medra sen control”.

Ademais, consideraron que outro dos aspectos conflictivos do barrio é a superficie do chan despois de que moitos dos froitos das árbores da zona caian. “O chan acaba resbaladizo, unha situación semellante á que ocorre nun treito de Otero Pedrayo, onde á pendente da rúa hai que engadir o musgo que medra no inverno. Converte este treito nunha trampa que xa provocou numerosas caídas”, conclúen.