Skip to main content
Monterroso

O PSOE denuncia a situación do centro de saúde de Monterroso

Por 29 Xullo, 2021Sin comentarios

Os socialistas denuncian o peche do servicio de pediatría no centro de saúde Monterroso, que leva dúas semanas sen consulta e sen data para reanudarse. Hai que lembrar que este centro tamén atende aos usuarios dos Concellos limítrofes de Portomarín, Antas de Ulla e Taboada deixando polo tanto a máis de 9.800 habitantes sen este servicio básico e esencial.

A Secretaria Provincial, Patricia Otero xunto co Deputado Luís Álvarez avanzaron que rexistrarán unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para reclamar a reposición deste servicio médico. No acto, diante do centro de saúde de Monterroso, estiveron acompañados polo voceiro da Agrupación Local, Rafael García e das voceiras socialistas do concellos Antas de Ulla e Portomarín, Pilar García Porto e Silvia Rodríguez, o voceiro de Taboada, Roi Rigueira, a voceira sanidade no Congreso dos Deputados, Ana Prieto, ademais de compañeiros da Comarca.

Os socialistas fixéronse eco das denuncias e das queixas dos pais e nais que acudiron ao centro de saúde de Monterroso e comprobaron que non había asistencia pediátrica. Así as cousas dende o PSdeG advirten que esta é “unha situación intolerable que nos priva dos nosos dereitos, e que non vamos ser cómplices destes recortes. Non podemos deixar desprotexida a atención medica aos nosos nenos e nenas. Ademais neste cetro de saúde de tres médicos que consultan diariamente, só hai un traballando, e nunha situación como a que estamos vivindo coa pandemia da covid é algo moi alarmante ”, advirten.

Deterioro progresivo e xeneralizado do servizo sanitario

“Nestes intres vivimos un deterioro progresivo e xeneralizado do servizo sanitario, por iso queremos anunciar que vamos a reclamar dende os nosos concellos que o Goberno de Feijóo asuma as súas competencias e tome cartas no asunto co fin de recuperar un servicio básico como a consulta de pediatría na nosa comarca”, sinalan.

Solución urxente

“Hai que lembrar ademais que as nenas e nenos que non son atendidos no servicio de pediatría do centro de saúde Monterroso son trasladados ás consultas dos lugares onde hai pediatras que xa están saturadas ou que teñen que ser atendidos por outros profesionais médicos que non son especialistas en pediatría ou acaban nas urxencias hospitalarias. Polo tanto, urxe unha solución urxente a esta situación. A sanidade non é un negocio é un dereito”, din.