Skip to main content
Navia de Suarna

Pavel Yakushev propón a creación dunha escultura colectiva para Navia

Por 13 Xullo, 2021Sin comentarios

Navia de Suarna acolle unha actividade feita por Pavel Yakushev para que veciños, veciñas e visitates que queiran, creen unha escultura colectiva para a vila de Navia. Os días nos que se celebrará dita actividade serán o 7 e o 8 de agosto e a finalidade da mesma é pór en valor Navia coma terra de ferreiros, así coma xuntar veciños e visitantes para facer unha actividade conxunta.

Con esta actividade colabora AV Irmandade Naviega, unha asociación dende a que agradecen a Pavel Yakushev e a Alisa “toda a arte que nos están agasallando, arte que engalana as rúas e os rincóns de Navia e que contribúe a engadirlle encanto á nosa vila”.

Así mesmo, dende a organización animan a participar nesta actividade a todas aquelas persoas que o desexen, na que levarán a cabo as medidas sanitarias correspondentes.