Skip to main content
Navia de Suarna

A Deputación saca a contratación o equipamento da residencia de Navia de Suarna

Por 16 Xullo, 2021Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, informou este venres de que a Xunta de Goberno aprobou sacar a contratación o equipamento do Centro de Atención a Maiores de Navia de Suarna cun orzamento que supera os 310.000 euros, un novo paso “co que seguimos avanzando para cumprir coa previsión de abrir esta residencia a finais de ano”, subliñou José Tomé.

O contrato está dividido en cinco lotes -mobiliario xeral; equipos médicos, xogos e material pedagóxico e axudas; lavandería; pequenos electrodomésticos e material de limpeza; e cortinaxe-, nos que se inclúe a compra de 30 camas de 105cm de ancho destinadas aos residentes, ao igual que no centro de Meira, ou mobiliario exterior, que se situará na cuberta transitable da residencia, dando un uso común ao espazo.

O prego tamén contempla a compra de dúas lavadoras e dúas secadoras, ambas de capacidade industrial, que facilitará o traballo ao cadro de persoal.