Skip to main content
Palas de Rei

O Ceip de Palas de Rei incorpórase ao modelo edulingüe en primaria

Por 16 Xullo, 2021Sin comentarios

Un total de 465 centros educativos galegos, 42 deles de nova incorporación, formarán parte o vindeiro curso do modelo plurilingüe, unha acción enmarcada na Estratexia galega de linguas estranxeiras, Edulingüe, cuxo obxectivo fundamental é estender o plurilingüismo a todas as etapas educativas e facilitar que os alumnos e alumnas poidan acreditar o seu nivel de lingua estranxeira ao final de etapa.

Da comarca da Ulloa, incorpórase o CEIP de Palas de Rei en Educación Primaria, en concreto en plástica.

Este modelo plurilingüe -que implica a impartición de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira- comezouse a aplicar no curso 2010/11 para as etapas de educación obrigatoria, isto é, de Primaria e ESO (o denominado Plurilingüismo clásico). Xa a partir do curso 17/18, a Consellería de Educación ampliouno ás etapas de Infantil (Plurinfantil), Bacharelato (Pluribach) e Formación Profesional (PluriFP).