Skip to main content
Palas de Rei

Presentado en Palas o proxecto Camiño Visor

Por 25 Xullo, 2021Sin comentarios

Presentado o proxecto Camiño Visor, impulsado pola empresa lucense Ceres Ingeniería co obxectivo de obter unha representación virtual do Camiño Francés entre Pedrafita do Cebreiro e Santiago de Compostela e difundir as imaxes a nivel global a través do servidor de mapas de Google.

A presentación da iniciativa foi en Palas de Rei e recibe unha achega de 20.500 euros a través do programa O Teu Xacobeo.

O traballo consiste na representación virtual do Camiño mediante a captación de imaxes panorámicas en 3D e xeoreferenciadas, empregando sofisticadas cámaras dotadas de sensores GPS de alta precisión, do mesmo xeito que as que se montan en vehículos, para a realización de Street View (ferramenta que permite visualizar unha ubicación mediante fotografías panorámicas a pé de rúa).

Para iso, os promotores fan o percorrido a pé, o que lles permite chegar a localizacións ás que non se accede en coche e incorporar contido novo que actualmente non está dispoñible para visitar de xeito virtual con Street View. Ademais, ofrece a posibilidade de engadir comentarios, fotografías e etiquetas.

O proxecto desenvólvese na parte do traxecto que discorre por territorio galego, que comprende os municipios de Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino e Santiago de Compostela.