Skip to main content
Axenda Caducada

Obradoiro de ilustración e cómic en Chantada

Por 14 Xullo, 2021Setembro 28th, 2021Sin comentarios

O Concello de Chantada acolle un obradoiro gratuíto de ilustración e cómic no Espazo Xove Chantada durante os meses do verán. Desta forma, a actividade levarase a cabo todos martes de xullo, agosto e setembro de 16 a 19 horas.

O obradoiro está dirixido a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos que estean interesados no mundo da expresión gráfica e do cómic.

Así pois, é preciso inscribirse e reservar praza. Para iso ou para máis información pódese contactar co número 982 870 258 ou no enderezo electrónico espazoxovechantada.xuventude@xunta.gal.