Skip to main content
Axenda Caducada

Sábado de película en Pantón

Por 28 Xullo, 2021Xullo 31st, 2021Sin comentarios

O Concello de Pantón continúa coa oferta de actividades e eventos para amenizar un verán diferente no que a situación sanitaria segue presente.

Desta maneira, chega a Pantón o cine na rúa coa película Padre no hay más que uno, unha comedia escrita, dirixida e protagonizada por Santiago Segura. Nela aparece Javier, un home que pensa que o sabe todo pero que, sen embargo, non axuda en ningún momento na vida familiar. A historia cambia cando a súa muller decide ir de viaxe e ten que quedar só a cargo dos cinco fillos e da casa, algo que cambiará as súas vidas para sempre.

O filme proxectarase o sábado día 31, ás 23 horas, na praza do concello de Pantón. Un evento nocturno para rematar un sábado da mellor maneira posible.