Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

Convócase de novo o préstamo vendimia

Por 31 Xullo, 2021Sin comentarios

Renovado o préstamo vendima neste 2021, que permitirá que todas as adegas galegas poidan mercar a totalidade da uva da colleita deste ano en condicións normais de mercado.

Segundo o recollido na orde publicada, poderán beneficiarse do préstamo vendima as pemes agroalimentarias que sexan titulares de bodegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas e que -previo informe favorable da Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (Saeca)- obteñan o recoñecemento do dereito ao empréstito por parte da Consellería de Medio Rural e, posteriormente, o formalicen.

Os préstamos deben destinarse á adquisición de uva na campaña 2021, así como, no caso de procesado de uvas de produción propia, a financiar o capital circulante de explotación, todo iso co obxecto de elaborar viño acollido a denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas. En calquera caso, o importe total por beneficiario non poderá superar o importe de 200.000 euros.

Os empréstitos deberán contar cunha duración total de ata cinco anos e cun ano de carencia. O tipo de xuro preferente será o resultado de sumar ao euribor a un ano -correspondente ao segundo mes anterior ao de formalización do préstamo- un diferencial de dous puntos, redondeado o resultado a tres decimais.

A orde entra en vigor no día de hoxe, día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Será a partir de entón cando os interesados poderán presentar a súa solicitude de recoñecemento do dereito ao préstamo directamente ou a través das entidades financeiras colaboradoras. Deben dirixila ao Servizo de Industrias e Calidade Agroalimentaria da delegación territorial da Consellería do Medio Rural onde se sitúe a súa industria, obrigatoriamente de xeito telemático, a través da sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal. O prazo de presentación remata o 15 de outubro deste ano.

Así, co obxectivo de garantir o futuro do sector do viño da nosa comunidade, estes empréstitos ofrecen unhas condicións moi vantaxosas no que se refire ao custo financeiro e ao prazo de devolución.