Skip to main content
ChantadaDeportes RIBEIRASACRAXA

O I campus de baloncesto bilingüe chega a Chantada o 26 de xullo

Por 13 Xullo, 2021Sin comentarios

O vindeiro 26 de xullo comezará o I Campus de Baloncesto Bilingüe organizado polo Club Baloncesto Chantada, unha iniciativa que trata de fomentar a canteira, tendo ademais, a oportunidade de aprender inglés con dous ex-xogadores importantes para a vila e para o club.

Por un lado, Willie Ladson, ex-xogador do CB Chantada na tempada 2006-2007 e na 2007- 2008. Ademais de xogar en máis de 13 países distintos, como Arxentina, China, Rusia, Holanda, USA, México… Na súa carreira atopamos o paso polo Club Ourense Baloncesto COB, o Santa Paula de Gálvez (Arxentina) e o CB Chantada.

Willie adícase profesionalmente a dar Campus de baloncesto potenciando as habilidades en inglés. Natural de Dillon (Carolina do Sur), leva impartindo campus de baloncesto para nenos e nenas dende 1992, tanto en New York coma en Ourense, por exemplo.

Ademais, xunto a él estará Alberto Gómez Vázquez, un coñecido da casa. Ex-xogador e ex-adestrador do CB Chantada, así coma do Club Ourense Baloncesto COB e o Rosalía Peixe Galego; será o encargado de ensinar os fundamentos básicos do baloncesto.

A data máxima para poder inscribirse é o día 23 de xullo. Así pois, o campamento levarase a cabo dende o 26 ao 30 de xullo nun horario de 10 a 14 horas. Por outra beira, é preciso un número mínimo de 10 nenos ou nenas para poder levarse a cabo. O prezo do campus é de 60 euros.

Os nenos e nenas participantes poderán disfrutar de xornadas de baloncesto, así coma actividades de verán ao aire libre e piscina. Todo esto dirixido a nenos e nenas de entre 7 e 16 anos de idade.

Para concuír, recórdase que se levarán a cabo todas as medidas de seguridade. Para máis información ou para calquera dúbida pódese consultar co club a través das redes sociais ou no número de teléfono 687 745 470.