Skip to main content
Bóveda

Destinados 77.000 euros nas obras de mellora do Ceip Rosalía de Castro de Bóveda

Por 11 Xullo, 2021Xullo 12th, 2021Sin comentarios

Destinados 77.000 euros ás obras de mellora que se están a executar nos últimos meses no colexio de educación infantil e primaria (CEIP) Rosalía de Castro, en Bóveda. Proximamente dará comezo a reforma da cociña, onde se substituirán as instalacións de gas, fontanería e saneamento ademais dos acabados de paredes e chan.

As obras consistiron na instalación dun baño no interior dun aula de educación infantil e a ampliación da biblioteca. Así mesmo, cambiaronse as ventás das fachadas este e oeste por outras con mellor illamento que resultan máis eficientes dende o punto de vista enerxético. Igualmente, habilitouse unha rampla para mellorar a accesibilidade ao colexio.

Así mesmo, estanse a valorar novas intervencións no colexio para os vindeiros meses. Ao respecto, lembrouse que o Goberno galego está a desenvolver o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que avanza no obxectivo de habilitar centros de ensino máis sustentables e respectuosos co medio ambiente, e incorpora outras leccións extraídas da pandemia da covid19.

O plan contempla seis eixos de actuación: o encaixe dos centros no espazo urbano, o seu aspecto exterior, os espazos de socialización, a distribución interior, o establecemento de polos creativos (espazos maker) e a eficiencia enerxética.