Skip to main content
Chantada

Cancelada a Chantada Wolf Survival Race

Por 21 Xullo, 2021Xullo 22nd, 2021Sin comentarios

Cancelada a Chantada Wolf Survival Race 2021 outro ano máis. Dende a organización sinalan que é unha decisión que se toma polo ben e pola seguridade de participantes, persoal da organización e público que asiste cada ano.

Así mesmo, debido as cambiantes limitacións da covid19, non se ofrecerían garantías en canto á realización da proba nin o transcurso normal da mesma, polo que dende a organización consideran que esta é a mellor opción.

Desta maneira, sinálase que todas aquelas persoas inscritas recibirán o importe íntegro da inscrición polo medio que empregaron para efectuar o pago. Un proceso automático polo que non fará falta ningunha xestión.

Para concluír, dende a organización esperan que a situación mellore e pospoñen a cita para setembro do 2022.