Skip to main content
Chantada

Presentada a 47 edición da Subida a Chantada

Por 29 Xullo, 2021Xullo 30th, 2021Sin comentarios

Xa foi presentada no día de onte, a 47 edición da Subida a Chantada, que se celebrará do 30 de xullo ao 1 de agosto. Así pois, na presentación destacouse a importancia desta proba, valedoira para o Campionado de España de Montaña, que se retoma logo da suspensión do ano pasado, tanto polos seus valores deportivos como pola promoción que se realiza de Chantada e da Ribeira Sacra.

Os e as amantes do motor non faltarán a esta cita automobilística que volve estar no Campionato de España de Montaña. Trátase dunha das competicións históricas nesta modalidade, única en Galicia pola paisaxe que a enmarca, e única para a dinamización social e económica deste recuncho da RibeiraSacra.

Son 47 anos de traballo por parte da escudería Chantada, que preside Alfonso Viana, que comezou con esta iniciativa xunto coa colaboración de varias administracións da vila e arredores, así como a man de moitos voluntarios e voluntarias que a fan posible.

Así mesmo, hai que lembrar a todos os afeccionados e deportistas que extremen as medidas de autoprotección, e que respecten tanto as restricións fixadas polas autoridades sanitarias como as normas de seguridade marcadas pola organización.

Para máis información pódese consultar na páxina web ou pórse en contacto coa organización a través das redes sociais, do teléfono 982 440 106 ou do enderezo electrónico escuderiachantada@escuderiachantada.com.