Skip to main content
Folgoso do Courel

Artesanía de Galicia celebra obradoiros no Courel

Por 22 Xullo, 2021Xullo 23rd, 2021Sin comentarios

Chega Artesanía de Galicia ao Courel. Do 30 de xullo ao 8 de agosto, Folgoso do Courel acollerá diferentes obradoiros nos que primará a artesanía, os oficios e a natureza.

Desta maneira, chegan diferentes obradoiros nos que aprender, coñecer e iniciarse en oficios coma a ouvería, a ilustración dun caderno de viaxe, o ecogravado, a manipulación de papel, bordado botánico, restauración de mobles de madeira, iniciación ao torno cerámico e creación de cianotipias, entre outras moitas cousas. Todas aquelas persoas que o desexen poderán participar nestes obradoiros tan diferentes e con tanta variedade.

O programa está dividido en obradoiros con prazas limitadas que requiren de inscrición previa e obradoiros abertos para toda a familia e sen inscrición. Dependendo do obradoiro será nuns días e horas determinados. Así mesmo, o prezo tamén varía dependendo do curso -o prezo varía entre 20 e 10 euros-.

Así pois, as localizacións nas que se levarán a cabo os distintos obradoiros son a Fundación Uxío Novoneyra e antigas escolas unitarias de varias localizacións no concello de Folgoso do Courel; onde se poderá disfrutar dun espazo no que sentir a artesanía, a cultura e a natureza.