Skip to main content
Monforte

Adxudicada a renovación de todo o alumeado de Monforte

Por 3 Xullo, 2021Xullo 5th, 2021Sin comentarios

Anunciada a adxudicación dos proxectos de renovación da iluminación pública de todo o Concello de Monforte, tanto na zona urbana como en todas as parroquias da zona rural.

Este proxecto, gracias ó cal Monforte será o primeiro concello en renovar todo o seu alumeado público con tecnoloxía Led, conta cunha inversión de 3.216.160,65 euros (IVE incluído).

As obras correspondentes tanto ás actuacións na zona rural como na urbana de Monforte, foron adxudicadas á UTE Construcciones y Montajes Eléctricos Santos Héctor, S.L.,-SETGA, S.L.U. Na zona rural, o importe de adxudicación foi de 1.694.000 euros, ive engadido, e na zona urbana foi de 1.452.000 euros, IVE engadido.

O prazo de execución, tanto na zona urbana como na rural, é de 12 meses dende a sinatura da acta de comprobación de replanteo. Unha vez asinados os correspondentes contratos entre o Alcalde e a UTE adxudicataria, nestes días está previsto o comezo das actuacións.

Desta forma, a través deste proxecto, serán colocadas 5.749 farolas novas de tecnoloxía Led e tamén serán renovados a totalidade dos cadros eléctricos, 195 unidades, que dan soporte ás luminarias de todo o Concello.

Para poder realizar esta inversión, o equipo de goberno do Concello xestionou unha axuda co Ministerio para la Transición Ecológica, e a través do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía, o Ministerio aportará o 80% do custe total deste importante proxecto de renovación e o 20% restante, será aportado polo Concello.

O alcalde agradeceu o apoio amosado polo Ministerio para la Transición Ecológica neste importante proxecto e salientou que “Monforte rematará este mandato sendo o Concello mellor iluminado”.

Aforro enerxético e amortización da inversión

A actual potencia que ten contratada o Concello de Monforte cos diferentes subministradores de enerxía é de 811,47 kW/hora, e cando estea rematada a totalidade da nova iluminación pública, será de 252,94 kW/h, o que suporá unha redución de 558,53 kW/h.

En termos de consumo, no cómputo anual en iluminación pública, o Concello pasará de consumir 3.489.334 kW/ano a consumir 715.817 kW/ano, o que supón unha baixada de 2.773.517 kW/ano.

Actualmente, o custe do alumeado público do concello é de 383.826,74 euros/ano, e co novo alumeado o custe baixará ata os 100.214,38 euros, supoñendo un aforro de 283.612,36 euros/ano.

Co aforro en custes que se vai producir cada ano, a inversión que aporta o Concello para este proxecto amortizarase en 2,5 anos, dado que o aforro anual chegará case os 284.000 euros.