Skip to main content
Monforte

Corte de tráfico en Monforte o luns 5 e o martes 6 de xullo

Por 4 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Monforte informa sobre a regulación do tráfico por obras na Praza de Doutor Goyanes. Os cortes ó tráfico produciranse o vindeiro luns 5 e martes 6 de xullo, en horario de 14.30 a 20.00 horas e afectarán ó entorno da citada praza.

Así, o tráfico estará debidamente ordenado a través das sinalizacións correspondentes ubicadas: no cruce do Campo de San Antonio coa rúa Antonio Méndez Casal, no Malecón a altura do Ambulatorio e na entrada de Doutor Goyanes.

Dende o Concello agradecen a comprensión dos veciños e condutores.