Skip to main content
Monforte

Obradoiros variados no museo pazo de Tor en Monforte

Por 6 Xullo, 2021Xullo 8th, 2021Sin comentarios

A Rede Museística Provincial de Lugo programa nestas datas de verán diferentes obradoiros e actividades para os máis cativos e cativas, coas que se poderán disfrutar do aire libre e do tempo de lecer. Así mesmo, gracias a elas, os participantes poderanse achegar un pouco máis a coñecer os catro museos que conforman a Rede Museística Provincial de Lugo que este ano está de 15º aniversario. Neste caso, os seguintes obradoiros levaranse a cabo no museo pazo de Tor, en Monforte de Lemos.

Un día de labores nun pazo será un dos primeiros obradoiros nos que se aprenderá a preparar a terra dunha hora e a cultivar diferentes produtos. A data de celebración será o vindeiro 9 de xullo de 11.30 a 12.30 horas. A actividade está dirixida a todos os públicos polo que non hai límite de idade. Por outra banda, as prazas están limitadas a 10 persoas.

Outro dos obradoiros que se levará a cabo é unha actividade de gravado e de estampación. Nela iniciarase no gravado e tentarase poñer a proba a destreza técnica e artística dos participantes. Así mesmo, indagarase máis polo miúdo nas coleccións de gravados que o Museo Pazo de Tor alberga, sendo variadas as técnicas e con exemplos excepcionais. Dito obradoiro celebrarase o vindeiro 16 de xullo de 11.30 a 13.00 horas. Neste caso, o grupo de idade ao que vai dirixido é de 4 a 14 anos e as prazas, de novo, están limitadas a 10.

As inscricións realizaranse exclusivamente a través da plataforma educativa da Rede Museística Provincial. Aí atoparán os cuestionarios para inscribir aos nenos e nenas nas actividades da súa escolla.