Skip to main content
Monforte

A fonte cibernética da praza da Compañía en Monforte xa está aberta

Por 12 Xullo, 2021Xullo 14th, 2021Sin comentarios

O Concello de Monforte de Lemos conta con diversas fontes públicas por toda a súa xeografía. Unha das máis concorridas é a que se sitúa na praza da Compañía, que é un dos puntos de máis interese e afluencia turística da cidade.

O pasado mes de xuño o acometéronse os traballos de reparación da fonte cibernética da praza da Compañía, e o pasado venres, procedeuse á apertura de dita fonte, logo de concluír as accións de mellora executadas.

En concreto, as obras de mellora, que se levaron a cabo durante o mes de xuño, consistiron dunha banda, na reparación da fonte e doutra, no cambio da malla metálica, e a instalación dun peche perimetral na mesma.

Para a execución destas obras de mellora, o equipo de Goberno destinou un orzamento total de case 40.000 euros (39.468,63 euros, ive engadido).

Recentemente, tamén se inaugurou en Monforte outra importante actuación no entorno desta céntrica zona da cidade, como foi a apertura das novas instalacións do parque infantil da Compañía, que contou cun investimento superior ós 145.000 euros.

A reparación da fonte cibernética da Compañía consistiu na substitución da reixa electrosoldada, formada por unha pletina de aceiro tipo Trámex, que recubre a fonte na súa totalidade. Esta actuación foi adxudicada á empresa monfortina Alumetal por un importe de 27.140,30 euros, ive engadido.

Do mesmo xeito, a fin de evitar futuros deterioros na estrutura e funcionamento da fonte, tamén se levou a cabo a instalación dun cerramento perimetral, cuxa colocación foi adxudicada á empresa Global PCH Lugo, S.L.U., por un imponte de 12.328,33 euros, ive engadido.