Skip to main content
Monforte

Monforte loce a exposición Facémonos escoitar?

Por 15 Xullo, 2021Xullo 17th, 2021Sin comentarios

A exposición Facémonos Escoitar? loce ata o 18 de xullo, no campo de San Antonio de Monforte.

 A Rede Museística Provincial e o Colectivo Agrocuir da Ulloa colaboran na posta en marcha do proxecto Facémonos escoitar? que ten como obxectivo recoller e amosar testemuñas orais para “construír a memoria LGTBIQA+” en distintas comarcas da provincia de Lugo. 

Deste xeito e en colaboración co Concello de Monforte e coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a exposición foi instalada nas inmediacións da Casa do Concello, co obxectivo de que poida ser visitada por todas aquelas persoas que se achegan a facer as súas xestións ó organismo municipal.

A exposición itinerante Facémonos escoitar? é unha selección de 11 voces da provincia de Lugo que durante o mes de xullo percorrerá os municipios de Friol, Cervo, Monforte, Lugo e Monterroso. 

Na mesma preséntanse “vivencias acaecidas en diferentes lugares da provincia e relacionadas coa asexualidade, a transexualidade, as familias monomarentais, a literatura infantil sobre diversidade sexual ou a disidencia sexual na Galiza das primeiras décadas do século XX”.