Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXAMonforte

Monforte xa ten aberto o prazo de solicitude das instalacións deportivas municipais

Por 15 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Monforte informa que todas as entidades deportivas e clubs de Monforte poderán solicitar o uso de instalacións deportivas municipais durante a tempada 2021-2022.

En particular poderán presentar solicitude: as asociacións deportivas escolares ou centros educativos que participen en programas de deporte escolar durante a tempada 2021 – 2022; os clubs, entidades deportivas e asociacións que participen nalgún tipo de competición deportiva durante a tempada 2021 – 2022 organizada por algunha das Federacións Deportivas Galegas ou Españolas; clubs, entidades deportivas e asociacións que organicen algunha actividade non oficial dirixida á promoción do deporte e a actividade física e recreativa entre os cidadáns durante a tempada 2021 – 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria na páxina web do Concello www.monfortedelemos.es sendo o derradeiro día para a presentación o 28 de xullo de 2021.

Todos os clubs interesados na solicitude de instalacións deportivas para a tempada deberán presentar a documentación requirida nas bases da convocatoria dentro dos prazos establecidos.

Tanto as bases da convocatoria como o uso das instalacións deportivas está regulado polo regulamento de uso, reserva e aluguer de instalacións deportivas municipais do Concello de Monforte.

Ademais de polo regulamento, o uso das instalacións deportivas dependerá da evolución da pandemia da covid19 que se sea en cada momento. Deste xeito o Concello de Monforte publicará os protocolos de uso das instalacións deportivas que condicionarán a utilización das mesmas.

Na páxina web do Concello de Monforte, todos os interesados poderán descargar a documentación necesaria.