Skip to main content
Monforte

O Concello de Monforte estrea documental o 23 de xullo

Por 18 Xullo, 2021Xullo 19th, 2021Sin comentarios

Monforte estrea Monforte de Lemos, Vía Sacra, un documental en formato cine, co que se pretende pór en valor a actividade económica, a industria e o tecido empresarial de Monforte de Lemos.

Deste xeito, o documental recolle unha escolma de 22 proxectos empresariais monfortinos, que serán os protagonistas desta película, servindo de mostra representativa da actividade económica do Concello monfortino.

A estrea deste documental terá lugar o venres 23 de xullo ás 20.30 horas na praza da Compañía, e ademais da proxección do documental nunha pantalla xigante, contará coa actuación musical de Rosa Cedrón.

Previamente, o Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo será o encargado de explicar as claves deste proxecto, xunto ó director da produtora que o desenvolveu, Ignacio Seijo.

A entrada para asistir á este acto é gratuíta, pero será necesario confirmar asistencia ata as 15 horas do xoves 22 de xullo. Para confirmar a asistencia poderá facerse a través dos teléfonos 981 059 541, 636 695 846 ou a través do correo comunicacion@xurdir.com.

O aforo será limitado seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias por mor da covid19, e será obrigatorio o uso de máscara. No caso de que a climatoloxía sexa adversa ese día, a presentación realizarase no Auditorio Municipal do Edificio Multiusos (ronda María Emilia Casas Baamonde).