Skip to main content
Monforte

Monforte está a ser patrocinado por Europa

Por 17 Xullo, 2021Sin comentarios

Grazas ao acordo de colaboración entre o Concello de Monforte e a empresa monfortina autocares Sánchez, Monforte e a Ribeira Sacra están xa sendo promocionados nas rutas de transporte de viaxeiros que esta empresa leva a cabo por España e por diferentes países de Europa.

Tomé Roca destaca que “esta colaboración con autocares Sánchez, que anunciamos a principios do mes de xuño, permite que xa estamos difundindo nestes momentos a imaxe de Monforte e da Ribeira Sacra a través de dúas rutas do servizo regular de viaxeiros que leva a cabo esta empresa, e que transcorren por Portugal, Francia, Bélxica, Alemaña e Suíza, ademais de por España”.

Deste xeito, colocouse un chamativo deseño publicitario na parte traseira nos autobuses da empresa que inclúe imaxes dalgúns das localizacións máis relevantes do Concello, como son o miradoiro do Duque, o parador Nacional e Conxunto monumental de San Vicente, Nosa Señora da Antiga, a ponte Medieval ou o museo de Arte Sacro das Nais Clarisas.

Promoción constante por España e Centroeuropa

A rotulación dos autobuses levouse a cabo neste mes de xuño, e os vehículos comezaron a circular co deseño promocional durante este mes de xullo, e seguirano facendo durante o mes de agosto e ata principios do mes de setembro deste ano 2021.

En concreto, a imaxe promocional da Monforte está presente en dúas rutas internacionais de transporte regular de viaxeiros que cubre esta empresa de autocares monfortina.

Dunha banda, a ruta Málaga, Granada, Madrid, Burgos, San Sebastián, París, Bruxelas e Dortmund (Alemaña), sendo Málaga e Dortmund as cidades de saída e chegada da ruta.

E doutra, a que transcorre dende Lisboa, Salamanca, Burgos, San Sebastián, Burdeos, Lyon e Zúrich (Suíza), tamén con saída e chegada en Lisboa e Zúrich.