Skip to main content
Pantón

Pantón acolle na rúa a proxección Cuñados

Por 4 Xullo, 2021Sin comentarios

Pantón acolle as sesións de cine ao aire libre nas que se proxectará a película Cuñados. A sesión cinematográfica na rúa levarase a cabo o vindeiro 17 de xullo e pretende ampliar a oferta cultural dos concellos nos meses de verán.

O responsable de Cine na rúa, Xoan Mariño, destacou que “o filme poida verse en sesións de cine na rúa, en vilas e localidades pequenas, ao tempo que segue nos circuítos comerciais é algo inédito xa que, explicou, este tipo de iniciativas non adoitan levarse a cabo ata un ano despois da estrea das películas”.  Pola súa banda, Alfonso Pérez Montaña, convidou á veciñanza “a botar unhas risas co filme”.

Dirixido por Toño Pérez e cun elenco formado por actores e actrices como Xosé A. Touriñan, Miguel de Lira,  Federico Pérez, Eva Fernández ou  Iolanda Muíños, entre outras, o filme, rodado en plena pandemia en localizacións de Ourense, estase a converter nunha das estreas do ano. Mantense en salas comerciais de Lugo, Coruña e Compostela despois de doce semanas na carteleira.