Skip to main content
Quiroga

Rematados en Quiroga os traballos de mellora da estación depuradora de augas residuais

Por 7 Xullo, 2021Sin comentarios

Xa están rematados os traballos de mellora da estación depuradora de augas residuais que dá servizo ao núcleo urbano de Quiroga, nos que se investiu 28.800 euros.

A actuación dota de novo equipamento para mellorar o control e medición do caudal de auga residual entrante e de auga tratada. Así, incorporáronse senllos caudalímetros de entrada e saída, un contador electrónico e outros aparatos de comprobación do rendemento da instalación.

Así mesmo, incluíuse unha segunda bomba de apoio no pozo de bombeo de entrada para garantir o funcionamento da depuradora, xa que con só unha bomba poderían producirse danos, e mesmo verteduras, en caso de avaría.