Skip to main content
Quiroga

Quiroga oferta clases de ioga ao aire libre

Por 10 Xullo, 2021Xullo 11th, 2021Sin comentarios

Volta o ioga ao aire libre en Quiroga para todas aquelas persoas que desexen practicar ou iniciarse nesta disciplina física e mental. A Concellería de Igualdade e Benestar organiza todos os martes e xoves dos meses de xullo, agosto e setembro esta actividade gratuíta entre o auditorio municipal e o colexio de educación infantil e primaria.

As clases estarán impartidas por Teresa Taboada, de Espazo Sacro, entre as oito do serán e as nove e cuarto da noite. Todas as persoas que queiran participar nesta actividade que xa comezou o pasado martes día 6 de xullo, soamente terán que achegarse levando unha esterilla e roupa cómoda.