Skip to main content
Sober

O PSOE de Sober reclama a construción dunha pasarela no lugar da Barca

Por 28 Xullo, 2021Xullo 29th, 2021Sin comentarios

Os socialistas de Sober anuncian que defenderan unha moción no vindeiro pleno coa que reclaman a construción dunha pasarela peonil que cumpra os requisitos de seguridade operatividade e adecuación medioambiental na desembocadura do río Cabe no Sil.

Concretamente no paso peonil que une o lugar da Barca, onde hai un miradoiro feito polo Concello, unha zona que é moi visitada, “consideramos adecuado a substitución desta vella pasarela por outra moderna e segura”.

Ademais, nesta mesma sesión plenaria a Agrupación Socialista de Sober preguntará ao Goberno Local polo acondicionamento de parcelas e camiños municipais completamente abandonados e desatendidos. “Queremos coñecer as explicacións do Goberno de Sober sobre o adecentamento do tramo do Camiño Real que vai desde a Lama dos Campos ata Millán, ou os espazos sen rozar en Rosende como o campo da festa, a lama do Sobrado, da Costa, a da Besida, de Outeiro e a Lama dos Campos”.

Ademais demandan que se inclúa no plan de camiños municipais os accesos da Deusa e Cerexeido para a súa pavimentación, e que se asfalte a pista que percorre A Veiga de Bulso co pobo das Ascasas de Santiorxo. Por último preguntarán tamén pola acumulación de recibos municipais que o Concello que está realizando á veciñanza, “xa que están pasando o cobro dos recibos atrasados o que esta ocasionado moitas queixas”, advirten.