Skip to main content
Sober

Eva Amaral será a pregoeira na Feira do viño de Amandi de Sober

Por 28 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Sober informa que Eva Amaral, cantante e compositora de música española, será a pregoeira da XLI Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar na localidade os días 11 e 12 de agosto.

A coñecida integrante do grupo de rock Amaral, ten vinculación familar coa Ribeira Sacra desde hai anos, decidira aceptar o convite para ler o pregón, que pronunciará o vindeiro 11 de agosto ás 12 horas na praza do Concello.

Dende o Concello recordan que un dos seus últimos vídeoclips, Halconera foi gravado integramente nas paisaxes do Canón do Sil alcanzando un gran éxito a través de Youtube e das redes sociais. Amaral ten compartido ademais en varias ocasións imaxes na Ribeira Sacra, axudando así na súa promoción como destino turístico de natureza.