Skip to main content
O Incio

Chega unha ruta xeolóxica guiada ao Incio

Por 2 Xullo, 2021Xullo 3rd, 2021Sin comentarios

O Concello do Incio, en colaboración coa Cámara Mineira de Galicia e o Colexio Oficial de Xeólogos organizan unha ruta guiada para o vindeiro sábado día 10 de xullo.

En concreto, a andaina ten como eixo central a ruta do Ferro do Incio vista desde a historia xeolóxica: mares e cordilleiras de hai millóns de anos.

A existencia de abundantes minas de ferro, de augas termais e de ríos que desaparecen e volven a aparecer, ten unha interesante explicación xeolóxica. Para comprender esta explicación debemos remontarnos ao que os xeólogos coñecen da Terra hai máis de 400 millóns de anos, cando a comarca do Incio era un lugar moi diferente.

Charla e ruta guiada

Ás 10 da mañá haberá unha charla no salón de usos múltiples do Concello con Eduardo González Clavijo, licenciado en xeoloxía pola universidade de Salamanca, sobre as minas de ferro e as augas termais. Ao remate farase a ruta guiada, de cinco quilómetros de percorrido por un tramo da ruta do Ferro, ata a fonte de Arnado e con parada en dúas das minas que hai no traxecto. O traslado ao punto de saída será en microbús.

É preciso reservar praza chamando ao Concello do Incio, ao teléfono 982 42 70 14. Hai 30 prazas dispoñibles.

A actividade, pensada para todos os públicos, é gratuíta e recoméndase levar calzado cómodo e auga.