Skip to main content
Láncara

O PP de Láncara pide pasos de peóns elevados na avenida de Valdriz

Por 1 Xullo, 2021Sin comentarios

O portavoz Santiago Cubillas e o concelleiro popular en Láncara, Arturo Sobrado trasladaron a proposta do Grupo Municipal do PP para a creación de pasos de peóns elevados na avenida de Valdriz aproveitando os traballos de aglomerado da vía correspondentes ao proxecto de construción da senda peonil e ciclista e de ampliación da ponte de Valdriz no que se invisten máis de 700.000 euros.

Foi no transcurso dunha reunión cos máximos representantes da Xunta na provincia cando lle fixeron saber de primeira man esta iniciativa que os populares defenderon ata dúas ocasións no pleno da corporación municipal facéndose eco das demandas dos veciños.

Cubillas explica que “están en execución as obras para ampliar a ponte e crear unha senda peonil e ciclista na zona”. Nese sentido, engade que “lle plantexamos á Xunta que estude a posibilidade de dotar de pasos de peóns elevados ao primeiro quilómetro da vía LU-621 dende a saída do núcleo da Pobra e a zona residencial da urbanización de Valdriz aproveitando os traballos de aglomerado que están a piques de acometer”.

Este tramo coincide coa zona urbana e, polo tanto, rexistra un maior tráfico de peóns que tamén poderán usar a senda peonil que se está a construír. Polo tanto, de cara a garantir a súa seguridade, “cremos conveniente instalar pasos de peóns elevados como medida de control da velocidade dos vehículos nesta recta”.