Skip to main content
Láncara

Láncara acolle os campamentos de verán para os máis pequenos

Por 14 Xullo, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O Concello de Láncara organiza as Diver Mañás 2021, uns campamentos de verán para nenos e nenas de entre 4 e 10 anos. A celebración destes campamentos son do 19 de xullo ata o 19 de agosto, as mañás de luns a venres. Neles, búscase que os participantes pasen unha mañá entretida a través de xogos e dinámicas nas que poderán aprender ao mesmo tempo que se divirten, nun ambiente de respecto e de educación.

As prazas do campamento son limitadas polo que é precisa a inscrición que será do 13 ao 15 de xullo ou ata esgotar as prazas dispoñibles. Así pois, os nenos e nenas que estean empadroadas no Concello de Láncara terán preferencia.

No mes de xullo haberá dúas quendas, por un lado do 19 ao 23 de xullo e por outro do 26 ao 30. No caso de agosto, as quendas serán do 1 ao 6 de agosto, do 9 ao 13 e do 16 ao 19. A inscrición poderase facer cada un por separado ou para os dous minicampamentos xuntos, coa opción de elexir horarios -sempre que estean dispoñibles e ata cubrir a totalidade das prazas ofertadas-.

Os horarios nos que se pode elexir son de 10 a 14 horas -horario continuo-, ou horario partido, de 10 a 12 e de 12 a 14 horas.

Para concluír, recordase que se levarán a cabo as medidas de seguridade, así coma o protocolo de acción e prevención sobre a covid19. Para máis información pódese consultar a web do concello.